Como traballamos?

Capturamos a túa historia coa estética que merece.

Vídeos e proxectos visuais que destacan pola súa calidade, coherencia narrativa e impacto estético.

Facemos vídeo porque nos apaixoa crear imaxes con estilo, carácter e personalidade. Non seguimos fórmulas. Non repetimos ideas.

Se queres algo que te represente de verdade, falamos.


👁️🗨️ Contido visual para marcas con estilo propio
Producións visuais con personalidade. Se o teu universo visual é clave para ti, aquí encaixamos ben.

🎥 Pezas culturais e artísticas
Documentais, curtas, teasers, vídeoarte… construímos narrativas visuais que dialogan co teu discurso.

🎞️ Videoclips musicais en Galicia
A túa música merece unha imaxe que a represente con forza e alma. Cuidamos cada plano ao detalle.

📲 Contido para redes / teasers / stories
Vídeos que conectan rápido e quedan na memoria. Ideais para proxectos dixitais con estética propia.

💭 Outros formatos creativos e experimentais
Videopoemas, instalacións, ideas raras e únicas. Encántanos experimentar!

🛠️ Extras que incluímos sen que o pidas:

  • ✔️ Dirección creativa
  • ✔️ Estilo visual propio
  • ✔️ Complicidade
  • ✔️ Paixón polo detalle
  • ✔️ Honestidade brutal