Vídeos e proxectos visuais que destacan pola súa calidade, coherencia narrativa e impacto estético.
Facemos vídeo porque nos apaixoa crear imaxes con estilo, carácter e personalidade. Non seguimos fórmulas. Non repetimos ideas.
Se queres algo que te represente de verdade, falamos.
Contido visual para marcas con estilo propio Producións visuais con personalidade. Se o teu universo visual é clave para ti, aquí encaixamos ben.
Pezas culturais e artísticas Documentais, curtas, teasers, vídeoarte… construímos narrativas visuais que dialogan co teu discurso.
Videoclips musicais en Galicia A túa música merece unha imaxe que a represente con forza e alma. Cuidamos cada plano ao detalle.
Contido para redes / teasers / stories Vídeos que conectan rápido e quedan na memoria. Ideais para proxectos dixitais con estética propia.
Outros formatos creativos e experimentais Videopoemas, instalacións, ideas raras e únicas. Encántanos experimentar!